O programa de lecer educativo incorpora dúas novas actividades para 700 escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello, a través da área de Educación, Deportes e Mocidade que dirixe Francisco Mourelo, informa de que máis de 700 escolares, de 3 a 7 anos, do Programa de Lecer Educativo realizado pola Concellaría en 22 centros de educación Infantil e Primaria e 3 centros de educación Especial da cidade, pechan o seu primeiro trimestre de actividades, gozando da maxia de Isaac Díaz Pardo por medio da didáctica na exposición A vangarda das formas, así como da emoción en escena coa obra de teatro Antía, Wamba e ou regacho pequeno, na sede da Afundación.

A representación teatral da compañía galega A Tropa de Trapo, Antía, Wamba e o regato pequeno, pretende abordar cos nenos a importancia da amizade, do colectivo, o valor de cooperar partindo do teatro e a animación á lectura como ferramentas educativa para a transmisión de experiencia e coñecemento.

Doutra banda, as visitas realizadas á exposición A vangarda das formas trasladarán aos escolares ao mundo de Isaac Díaz Pardo coa visita didáctica Isaac e a fábrica dos soños que mostra un mundo onde a creatividade e as formas son as características principais da súa obra.

O programa, consolidado como unha oferta educativa de calidade no período extraescolar para nenas e nenos de 3 a 7 anos, traballa desde unha perspectiva multidisciplinar para achegar aos escolares as artes escénicas, a ciencia, lle expresión artística ou a música como forma de espertar intereses e favorecer o desenvolvemento integral dos máis pequenos.

Preto de 3.000 escolares de Infantil e de 1º e 2º de Primaria participaron xa neste programa e as súas actividades complementarias desde o curso 2011/12, cunha valoración por parte das familias de 8,6 sobre 10 puntos.

15 de decembro de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.