O presidente do Deportivo asegura que “non vai haber máis ‘Riazor Blues’ en Riazor”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Europa Press
Tino Fernández. Foto: M. Fuentes

Tino Fernández. Foto: M. Fuentes

O presidente do Deportivo de La Coruña, Tino Fernández, asegurou que non haberá máis membros do grupo ‘Riazor Blues’ nas bancadas do seu estadio e insistiu que o seu club “non pagou” ningunha das entradas que o Atlético de Madrid enviou á entidade galega con motivo do partido celebrado o pasado domingo e que rematou coa morte dun siareiro deportivista.

“Estou seguro que non vai haber máis ‘Riazor Blues’ en Riazor (…) A primeira medida é pechar a bancada de ‘Riazor Blues’ os dous próximos partidos. Esta é a primeira medida que aplicamos porque aínda hai unha investigación aberta”, comentou Tino Fernández no programa ‘Al Primer Toque’ de Onda Cero.

“O sábado queremos converter o partido de Liga nunha manifestación contra a violencia”, engadiu Fernández, que explicou que a súa idea é facer desaparecer a este grupo de seguidores do estadio de Riazor. “De momento non temos nin un só documento, nin os nomes dos que participaron neste proceso, dixo.

“En 48 horas tiñamos que tomar unha decisión con respecto á bancada de Riazor Blues e o que queremos é que se produza este cambio”, manifestou o máximo reitor dos coruñeses, que cualificou a morte do seguidor deportivista como “unha desgracia” para todos.

Pola súa banda, Fernández foi preguntado pola reacción do Atlético de Madrid, que decidiu expulsar á fronte Atlético do Vicente Calderón. “Non coñezo o comunicado que fixo o Atlético, pero si é certo que –no noso caso– os ‘Riazor Blues’ non son unha pena. Nós non temos que actuar contra unha organización, nós non os temos inscritos”, dixo.

“O noso labor é actuar contra persoas e aínda non temos claro qué persoas son. A día de hoxe eu teño cero documentos. Onte pedín o listado das 91 persoas que viaxaron nos buses e non mas puideron dar”, apuntou o xestor deportivista.

“O PRESIDENTE DAS PENAS LEVOU AS ENTRADAS”

Pola súa banda, Tino Fernández foi preguntado polas entradas vendidas aos seguidores do Depor. “Eles [o Atlético] mandan dous paquetes de entradas e o segundo grupo de localidades envíaas ás taquilla de Riazor, como as primeiras, e onde debía mandalas. Non obstante, o presidente da federación de penas colleu o sobre e levouno”.

“A partir de aí non sabemos nada máis. Sobraron 77 entradas e devolvémolas ao Atlético de Madrid. Se todo isto vai a máis haberá que investigar quen pagou esas entradas, pero o Deportivo non as pagou. O problema é que se xera un debate entre os dous clubs e non debe ser así. Aquí, o Depor e o Atleti son os bos, somos as vítimas”, finalizou.

3 de decembro de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.