O presidente do comité de Alcoa en A Coruña advirte que non se pode repetir a ameaza de despedimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en A Coruña, Nazario Arias, acolleu “con moito cariño” e “moita alegría” o anuncio de retirada do despedimento colectivo nesta planta e na de Avilés, á espera de que se confirme oficialmente o resultado de segunda poxa de interrumpibilidade.

Non obstante, advertiu de que a situación que viviron “non se “pode “volver repetir”, ao tempo que aproveitou para reclamar unha nova regulación enegética que non estea condicionada pola poxa e tamén á empresa máis investimentos “para ser competitivos”.

Á saída da reunión na que a empresa lles comunicou a súa decisión, manifestou, en declaracións, que os traballadores gañan “un ano”. “E agora hai que esperar que isto non se repita”, insistiu ao cualificar de “surrealista” que o futuro da planta estea condicionado por este tipo de poxas.

Non obstante, recalcou que “a empresa ten que deixar de chorar tanto”. “Non solo tócalle ao Gobierno, sentenciou ao considerar que, xunto a un novo marco enerxético, é necesario que a empresa acometa investimentos. “En fundición fannos falta para ser competitivos”, recalcou.

Por outra banda, confirmou que este mércores celebrarán unha asemblea cos traballadores, na planta de A Coruña, convocada a partir das 11,00 horas.

CONDICIÓNS LABORAIS

Mentres, a sección sindical da CIG en Alcoa Inespal precisa que a empresa lles trasladou na reunión que comunicará a retirada do expediente ao Ministerio de Traballo “en canto se emita o ditame pertinente que confirma a validez da poxa”, unha resolución que podería estar “nun par de días”.

A CIG subliña, así mesmo, as “consecuencias” que o novo sistema de adxudicación terá nas condicións laborais “xa que dende a dirección se informou que o prezo alcanzado deixa ás fábricas nunha situación peor polo que, nun futuro, non se descarta que a empresa pretenda tocar o convenio e aplicar un aforro de custos pola vía do recorte salarial”, advirte.

Por iso, o sindicato sostén que “o problema” para a fábrica de A Coruña “e por extensión para todas as factorías de Alcoa non está resolto en tanto non se modifique o sistema de adxudicación da interrumpibilidade e todo o sistema tarifario”.

23 de decembro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.