O presidente da Deputación de Lugo móstrase moi preocupado polo futuro de Alcoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse este xoves “moi preocupado” polo futuro de Alcoa, logo de que a multinacional anunciase despedimentos nas plantas de Avilés e A Coruña.

Malia que esta reestruturación non afecta á fábrica de San Cibrao, en Cervo (Lugo), Besteiro dixo estar “moi preocupado”, defendendo que se produza unha “solución cortoplacista” na poxa do 15 e 18 deste mes, na poxa de interrumpibilidade que ten que ver cos custos enerxéticos.

Suxire, como solución, que “as empresas poidan ter unha previsión de canto lle vai supoñer a factura eléctrica” para os próximos anos”. Porque, se, non “quen pode arriscar e poñer diñeiro nun proxecto se non sabe canto lle vai custar a factura enerxética para os próximos anos”, se preguntou.

“Estou moi preocupado”, sinalou Besteiro, quen considerou “normal” que haxa contactos entre Asturias e Galicia ao máis alto nivel.

“Creo que é o que debe de facer un presidente dunha comunidade autónoma, falar co outro presidente dunha comunidade autónoma, que debe influír no seu partido para que esas solucións se produzan,” destacou.

HULA

Por outro lado, tamén se referiu á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre servizos para o HULA, e ao respecto da que os socialistas pediron que non se introduzan emendas.

“Despois de tres anos de promesas incumpridas, calquera modificación desa ILP supón un modo máis de atrasar e débese dicir basta xa”, resaltou.

Así, sentenciou que esa iniciativa, despois de tres anos, “non está para ser emendada, senón para ser cumprida”. “Hai cousas que non teñen prezo, como a saúde”, resolveu.

4 de decembro de 2014 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.