O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo felicita á Policía Portuaria polas súas actuacións

Recoñecemento á policía portuaria
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, recibe aos membros da Policía Portuaria que interviñeron o pasado 29 de novembro no rescate dunha persoa que caeu ao mar na dársena número 2 do Porto Pesqueiro de Vigo. Durante a recepción, López-Chaves aplaudiu a profesionalidade dos máis de 90 traballadores que conforman o Corpo de Policía Portuaria de Vigo, cuxo traballo diario é imprescindible para que o Porto funcione. Acompañado pola Directora da Autoridade Portuaria de Vigo, Beatriz Colunga a xefa da área de Explotación, Ana Ulloa, e o Presidente do Comité de Empresa e representante dos traballadores, Ricardo Valeiras, López-Chaves destacou o traballo diario do Corpo de Policía Portuaria de Vigo que se encarga diariamente da vixilancia e a custodia do Porto de Vigo.











