O Porto da Coruña clausura as escalas de cruceiros co ‘Queen Victoria’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A Autoridade Portuaria da Coruña clausurará este sábado o calendario de escalas de cruceiros coa chegada do ‘Queen Victoria’, pertenencente á frota da navieira Cunard, segundo informa o organismo portuario.

O buque arribará en torno ás 8,30 horas procedente de Arrecife (Canarias) e ten prevista a súa partida ás 16,30 horas rumbo a Southampton (Reino Unido). Estímase unha pasaxe de 2.000 persoas, ás que se sumarán 800 tripulantes.

A falta do dato definitivo sobre a ocupación deste buque, o organismo portuario avanza que o balance total do ano 2014 ascenderá a máis de 165.000 viaxeiros. “E é que aos 125.000 pasaxeiros se unen os 50.000 tripulantes chegados á cidade nas 87 escalas contabilizadas”, precisa.

PRIMEIRO ATRAQUE EN 2015

Ademais, afirma que este dato mantén ao porto da Coruña “como líder da cornixa cántabro-atlántica en número de escalas”. Mentres, avanza que o primeiro atraque do exercicio de 2015 será o 2 de xaneiro coa chegada do ‘Adonia’, procedente de Funchal (Madeira), con preto de 700 pasaxeiros e 400 tripulantes.

“Con este cruceiro, abrirase o calendario do próximo ano que, segundo as escalas planificadas ata o momento, presenta previsións moi positivas, cun total de 94 escalas e ao redor de 130.000 pasaxeiros,”. “Sumados aos máis de 50.000 tripulantes, farán un total estimado en torno a 180.000 viaxeiros”, remarca o organismo portuario.

26 de decembro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.