O PCT Puertas de Galicia presenta a gastronomía de Verín e Viana ante máis de 1.000 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaVerín
A-
A+
Presentación de produtos

Presentación de produtos

O xeodestino Verín-Viana, a través do Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, presentou no Auditorio de Galicia os principais referentes gastronómicos destas dúas comarcas nun concerto que contou con más de 1.000 asistentes.

Nesta iniciativa colaboraron a Denominación de Orixe Monterrei e as súas adegas, augas de Cabreiroá e Sousas, A Casa das Bicas, Pastelería Privamera e Embutidos A Matanza que amosaron os seus produtos tradicionais antes do inicio da actuación da Real Filharmonía de Galicia, na que se representou a obra Tristán e Isolda de Richard Wagner (Paul daniel -director- Jane Irwin -Isolda. Soprano-, Anne Marie Owen -Brangäne. Mezzosoprano e Christian Voigt -Tristán. Tenor-).

Unha carta de presentación das comarcas de Verín e Viana do Bolo na que os produtos estrela foron a Torta de Cigarrón, Bica Blanca, viños de Monterrei, augas e embutidos tradicionais, e que foron degustados por máis de 1.000 persoas, o que reportou unha excelente promoción turística deste xeodestino así como da súa gastronomía típica.

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e once municipios (Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

22 de decembro de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.