O parque nacional das Illas Atlánticas presenta en Vilagarcía a súa candidatura á Carta Europea de Turismo Sostible
Vilagarcía e os resto de administracións e sectores da área de influenza do Parque Nacional das Illas Atlánticas pretenden dar o salto a Europa e promover o desenvolvemento socio económico da zona a través do turismo natural de calidade. Para isto, o Auditorio municipal acolle mañá o acto de peche e presentación da candidatura do Parque Nacional á Carta Europea de Turismo Sostible, co obxectivo de que o espazo protexido sexa distinguido en Europa como territorio de excelencia en materia de turismo sostible.
O acto de mañá comezará ás 11 horas e estará presidido pola director xeral de Conservación na Natureza, Verónica Tellado Barcia. Nel participarán ademais os representantes do grupo de traballo creado hai case un ano para elaborar a candidatura e fixar os compromisos e plans a realizar nas Illas Atlánticas de Galicia de acordo coa filosofía da Carta Europea de Turismo Sostible.
Este grupo está integrado polos responsables do Parque Nacional Marítimo Terrestre; dos Concellos de Vilagarcía, Vigo, Bueu; da Consellería de Medio Ambiente, da Axencia de Turismo de Galicia; dos Grupos de Acción Costeira de Vigo-A Guarda e Ría de Pontevedra, do Padroado de Turismo Rías Baixas, la empresa vilagarciana Corticata (Turismo Medioambiental); da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, da Asociación de Empresarios de Hospedaje de Pontevedra; da Naviera Nabia, Iniciativas Turísticas Ons, Vio Viajes; e das firmas Buceo Cíesub, Naviera Mar de Ons e Cámping Islas Cíes.
O promotor da candidatura á Carta Europea de Turismo Sostible foi o propio Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a instancias da Xunta de Galicia. Para acadar a certificación europea da CETS, houbo que poñer en marcha un proceso participativo, iniciados en xaneiro de 2014, para a elaboración do dossier de candidatura. Este proceso realizouse mediante a constitución do Foro Permanente de Turismo Sostenible, como asociación que valida o proceso e os documentos, e o Grupo de Traballo de la Carta, como grupo máis reducido e operativo dos principais actores do turismo do territorio que elabora eses documentos.
A través do documento que se pecha mañá e co que conclúe esta fase do proceso participativo, as Illas Atlánticas fixan obxectivos ambiciosos en materia de turismo sostible. A inclusión do espazo protexido composto polas illas de Cortegada, Cíes, Ons e Sálvora no marco desta Carta Europea reportará importantes beneficios para a conservación do Parque e a dinamización da actividade socio económica das súas zonas de influenza.
O primeiro destes beneficios será a propia distinción en Europa do territorio de excelencia en materia de turismo sostible. Ademais, deberán cumprirse os obxectivos fixados na candidatura para o cal deberá promoverse o traballo conxunto coas entidades asociadas e implicar máis aos profesionais do turismo nesta política. A pertenza a esta Carta Europea de Turismo Sostible permitirá influír no desenvolvemento do turismo no seu territorio; reforzar a acción de sensibilización de visitantes; favorecer un desenvolvemento socioeconómico que sexa respectuoso co medio ambiente mediante a a creación de produtos turísticos auténticos, de calidade e respectuosos co medio ambiente.
A adhesión á Carta tamén permitirá ao Parque das Illas Atlánticas posuír un instrumento de control para realizar un seguimento e avaliar a política turística levada a cabo no seu territorio e reforzar a súa credibilidade ante a opinión pública e ante os que o financian.











