O Natural Sport Videlgi proclámase Campión de España Júnior de Combate
O Natural Sport Videlgi logrou o título de campión de España de clubs de combate na categoría júnior, na competición celebrada durante a tarde de hoxe en Pontevedra. O conxunto galego logrou o título grazas aos catro ouros, unha prata e un bronce acadados. En total os clubs galegos lograron 19 medallas (4 ouros, 5 pratas e 10 bronces). Categoría feminina. As deportistas galegas lograron un total de 13 medallas, das cales o ouro foi para Beatriz Parada (Natural Sport Videlgi) en -49 quilogramos.
Ademais sumaron cinco pratas: Sara Toucedo (Maniotas, -42), Laura Dosil (Natural Sport Videlgi, -59), Miryam García (Patiño Moaña, -63), Ainhoa Boubeta (Patiño Moaña, -68) e Sabela López (Patiño Moaña, +68). E houbo sete bronces para Sara Cortegoso (Mace Sport, -46), Uxía Ojea (Mace Sport, -42), Sara Flores (Escola Lucense, -59), Sara García (Dobok Galicia, -59), Ainhoa Ramos (Luar, -63), Nerea Martínez (Maniotas, -68), Sofía Pérez (Natural Sport, +68). Chicos. Na categoría masculina, os deportistas galegos lograron tres ouros e tres bronces. Os ouros foron para os taekwondistas do Natural Sport Videlgi Adriano Jiménez (-55), David Ansede (-63) e Manuel Parada (-68). Os tres bronces foron acadados por Gabriel García (Doyang, -68), Rubén Troitiño (Mat´s , -73), F. Alexandre Acuña (Taekanart, -78).











