O Nadal Solidario de Mos reparte 5 toneladas de alimentos entre os máis necesitados

Recollida municipal de alimentos
Concello, asociacións, centros educativos, particulares e empresas aunaron esforzos un Nadal máis promovendo unhas festas solidarias cheas de actividades e iniciativas coas que poder axudar ás persoas máis desfavorecidas do municipio mosense.
O Nadal Solidario do Concello de Mos centrouse nunha acción propia de recollida de comida en colaboración co Club de Leones de Mos.
Esta recollida municipal de alimentos que dende as concellerías de Participación Cidadá e Benestar Social se organizou con motivo do Nadal pretende axudar nestas datas tan sinaladas ás familias mosenses desfavorecidas que están a pasar necesidades por mor da situación económica actual, que segue a ser complicada.
Respecto desta iniciativa a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira Kely Monzón explicaron que “decidimos poñer en marcha novamente esta campaña solidaria tendo en conta o éxito obtido o ano pasado”. A campaña de recollida realízase en colaboración co Club de Leones de Mos e persegue o obxectivo de conseguir a sensibilización de toda a comunidade, ante a difícil situación económica pola que están atravesando moitas familias do municipio mosense, aportando un grao de area nestas datas tan sinaladas, repartindo alimentos típicos destas festas. O Concello de Mos uniuse á asociación Club de Leones para acadar un mellor resultado nesta iniciativa social.
“Con este programa trátase de garantir as necesidades básicas, en materia de alimentación, (ao longo destas festas), de todas aquelas familias veciñas de Mos con escasos ingresos económicos, unha cifra que lamentablemente, coa situación de crise que vivimos, é cada vez maior”, explicaron as representantes municipais.
Os beneficiarios desta iniciativa, que recibirán esta mesma tarde os seus lotes de alimentos, serán as familias necesitadas do Concello de Mos en situación de emerxencia social (atendidas pola Asociación Club de Leones ou Servizos Sociais municipais) ou que nos sexan usuarios de ambos servizos pero que estean nunha situación económica difícil.
A recollida de alimentos para esta campaña realizouse nos centros educativos de Mos (Colexios, Instituto e Escolas Infantís), no departamento de Participación Cidadá do Concello (edificio Multiusos) e nos supermercados Gadis, Eroski e Lidl (que participaron como entes colaboradores nesta iniciativa). Outras empresas que tamén realizaron donativos foron Panelfa, Noribérica, Darlim, Afamsa, Mudanzas Ánfora, Portalconsa, Disgobe, Frutas Sol e Armadora Pereira. En total recaudáronse sobre 5.000 kilos de alimentos, 5 toneladas de felicidade que lles fará este Nadal máis sinxelo e agradable a 186 familias beneficiarias, que suman un total de 405 persoas.
Os alimentos, unha vez recollidos, foron clasificados na sede da Asociación Club de Leones, onde se procedeu á elaboración dos paquetes, cuxa “Entrega solidaria” ás familias necesitadas de Mos realizarase esta mesma tarde, tamén na sede do Club.
Tamén se lles entregará o seu paquete navideño ás familias que, aínda que non reciban atención do departamento de Servizos Sociais, padecen unha situación económica crítica.











