O Monte Santa Trega xa dispón de audioguías
O pasado 6 de decembro entrou en funcionamento o sistema de audioguías que ofrecen ós visitantes interesantes explicacións sobre o Monte Santa Trega: Castro, Museo, Ermida e demais elementos destacados.
A vantaxe deste sistema é facilitar información do monte dun xeito sinxelo e en catro idiomas: galego, español, inglés e francés.
Un total de 15 puntos de información foron distribuídos polo monte e dos cales tres sitúanse dentro do MASAT. Para facer o percorrido con audioguía pódese ler os códigos QR en cada punto cunha aplicación nos seus smartphones. Poderase alugar un reprodutor mp3 no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, e xa está dispoñible os audios en youtube.











