O II Campus Nadal Obradoiro chega á súa fin

Clausura do Campus Nadal Obradoiro
O II Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés desprazouse hoxe ao centro comercial santiagués que lle dá nome, onde os participantes foron recibidos por Pati Blanco, director de comunicación e relacións externas.
Tras realizar a foto de familia acompañados polo adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, os nenos e nenas recibiron un obsequio do centro pola súa participación nestes cinco días de diversión, que serán clausurados hoxe mesmo coa entrega de diplomas no descanso do partido do club contra o F.C. Barcelona.
Javier Puñal, director de marketing do Rio Natura Monbus Obradoiro, quixo agradecer “o apoio recibido cada ano por esta casa, mostrando especial sensibilidade con proxectos deste tipo”. Tamén agradeceu a colaboración doutras firmas como La Caixa, Gadis, Gráficas Garabal, Cenor, Unika, Jim Sports e Vive. Mentres, Moncho Fernández chanceou cos asistentes: “Espero que volo pasásedes igual de ben que Luz, Pozas e Cárdenas na foto do cartel do campus”.











