O humor máis agudo regresa a Vilagarcía cos monólogos de Leo Harlem e Luis Piedrahita
O panorama cultural do primeiro trimestre do ano 2015 asoma repleto de risas e de o humor máis agudo. Entre os numerosos espectáculos previstos destacan as sempre esperadas e ben recibidas actuacións de Leo Harlem e Luis Piedrahita, dous dos monologuistas cómicos de maior prestixio do noso país. As entradas xa están á venta e poden ser un orixinal e saudable agasallo de Nadal, posto que tan de moda está a risoterapia.
O primeiro en deixarse caer de novo por Vilagarcía será Leo Harlem. O cómico leonés subirase ao escenario do Auditorio o 7 de febreiro acompañado de Serxio Olalla para representar o seu último e desternillante espectáculo “Trendingtronching”.
As localidades xa están dispoñibles través da web www.servinova.com e da billeteira telefónica 902 504 500 na modalidade de venta anticipada, e tamén se poderán adquirir o día da función no Auditorio. Os prezos para as zonas A e B son de 18 euros en venta anticipada e 20 en taquilla: A zona C custa 15 euros en anticipado e 17 o día da sesión.
O Rei das Cousas Pequenas, tamén coñecido como Luis Piedrahita, tamén volverá a actuar en Vilagarcía, neste caso o 14 de marzo. O humorista coruñés agasallará aos vilagarciáns co seu último espectáculo, baseado nas palabras e que leva por título “El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”.
Tamén neste caso as entradas serán máis baratas na venta anticipada que en billeteira. Por adiantado, os prezos para as zonas A e B son de 18 euros en para a C 14. O día da representación custarán 18 euros nas zonas A e B e 16 na C.
Estes dous espectáculos están xirando polos principais teatros e Auditorios de España. Chegan a Vilagarcía da man de Etiqueta Negra Producciones, firma que ten previsto seguir programando actuacións de primeiro nivel en Vilagarcía nos vindeiros meses.











