O grupo Winnie Trío ofrece un novo concerto do ciclo de música Enclave de Cámara o xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Como cada primeiro xoves de mes, o ciclo de música Enclave de Cámara, trae a nosa cidade o mellor do panorama musical deste estilo. Así é como o xoves día 4 será o turno de Winnie Trío, que ofrecerá unha actuación no Teatro Principal a partir das 20.30 h.

Formado por compoñentes cunha destacada traxectoria profesional tendo sido membros integrantes ou mesmo fundadores de agrupacións como a Orquestra de Amsterdam Baroque, La Petite Bande ou o Collegium Vocale. O trío está formado por Jan De Winnie á frauta travesa, Bernard Wolteche, co violoncello e David Aijón, no piano forte.

Ademais tocaron en festivais e salas internacionais recoñecidas por todo o mundo como o Festival de Aix na Provence, Festival Baroque de Sablé o Auditorio Manuel de Falla ou o Festival Internacional de Música e Danza de Granada.

As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.teatroprincipalourense.com ou na billeteira do propio teatro Principal.

2 de decembro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.