O goberno municipal de Nigrán levará ao pleno unha ordenanza reguladora para o servizo de taxi
O goberno municipal levará ao pleno de decembro unha ordenanza reguladora do servizo de taxi en Nigrán, “un texto inexistente até a data que permitirá regular o funcionamento deste servizo no termo municipal, tanto para os que o ofertan como para os seus usuarios“, explica o alcalde, Alberto Valverde.
Entre as principais novidades que incorpora a ordenza que se adxunta, destacan a incorporación de taxímetros e a uniformidade da cor da flota de taxis do municipio, que pasarán a ser branco e irán rotulados co o escudo do concello.
O goberno municipal presentará esta proposta, que tamén foi trasladada ao colectivo de taxistas, para a súa aprobación inicial á sesión plenaria deste mes, que se celebrará o vindeiro xoves 18 de decembro, “tras o cal habería un período de exposición pública e, no caso de que houbese alegacións, incorporaríanse se procede para a súa aprobación definitiva“, sinala Valverde.











