publicidade hoxe

O goberno local de Miño únese á defensa do emprego da factoria de Alcoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O Concello de Miño mostra o seu total rechazo á posibilidade do peche da planta coruñesa e pon de manifesto a súa solidaridade cos traballadores e traballadoras, xa que a subsistencia de centos de familias coruñesas e algunhas miñenses dependen do resultado da subhasta enerxética, polo que o goberno local miñense fai unha petición ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para que poña os medios necesarios o seu alcance para que se manteña a produción dentro do marco de sostibilidade económica.

E o momento de facer un fronte común xunto con outras administracións locais e a Xunta de Galicia en defensa do futuro da planta coruñesa, sinala o alcalde Jesús Veiga. Entre empresa e goberno deberán encontrar unha solución e queremos que se agoten todas as posibilidades; deben buscar unha solución mais definitiva para estas compañías, garantindo a viabilidade das factorías da Coruña e Avilés, cunha regulación que de estabilidade á empresa, pois a incidencia sobre o emprego sería de enormes dimensións. Rechazamos que sexan sempre os traballadores e traballadoras as que sufran as consecuencias destas decisións.

13 de decembro de 2014 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.