O goberno de Ferrol encarga un proxecto para a reforma integral do mercado de Caranza
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, informou hoxe dos temas principais abordados na Xunta de Goberno Local celebrada esta maña na Casa Consistorial. Estes son: a redacción do proxecto de reforma integral do Mercado Municipal de Caranza, a revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol (PXOM), a mellora do Parque Raíña Sofía, e o reacondicionamento de Aquaciencia e do pavillón polideportivo de A Malata. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación, Guillermo Evia Pérez; o concelleiro de Economía e Facenda, Alejandro Langtry Caínzos; e a concelleira de Educación e Deportes, Susana Martínez Galdós.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá a licitación do contrato para a redacción do proxecto básico e de execución para a reforma integral do Mercado Municipal de Caranza. Esta actuación, recollida no proxecto de cidade “Ferro l2020”, se porá en común coa asociación de veciños e os comerciantes do mercado. Neste senso, Jose Manuel Rey destacou que “non vamos xogar con este proxecto imprescindible para a cidade e sobre todo o barrio de Caranza”, ao tempo que manifestou que “espero que entre todos sexamos capaces de convertelo en realidade”. A redacción do proxecto de reforma integral do Mercado de Caranza terá un prazo de dous meses e un importe de 71.995 euros.
O Executivo local tamén adxudicou hoxe a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á Oficina de Planeamento. O primeiro edil da cidade explicou que no proceso de licitación do PXOM participou un comité de expertos para a valoración das ofertas que estivo integrado por arquitectos da Deputación da Coruña, de Patrimonio da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e un secretario – interventor dunha administración municipal. Jose Manuel Rey considerou o PXOM como “imprescindible para o futuro da cidade” e destacou a necesidade da súa revisión e adaptación co obxectivo de “ser esta vez a primeira cidade e non a última en contar cun plan xeral axustado á nova Lei do Solo que está a tramitar a Xunta de Galicia”., dixo o alcalde. Neste senso, valorou o novo plan xeral como un instrumento fundamental para a recuperación económica, urbanística e poboacional de Ferrol; así como para seguir actualizando o noso proxecto de cidade Ferrol 2020. O prazo de elaboración será de catro anos e o importe total de 880.880 euros, o que supón un aforro de máis de 250.000 euros con respecto ao presuposto de licitación que ascendía a 1,1 millóns de euros.
Raíña Sofía, Aquaciencia e pavillón de A Malata
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local desta mañá aprobou o novo proxecto de mellora do Parque Municipal Raíña Sofía que acometerá a empresa Xestión Ambiental de Contratas por un importe de 230.116 euros nun prazo de catro meses. O alcalde ferrolán salientou as dúas liñas de actuación intensas no centro da cidade que se están a desenvolver neste mandato: a mellora dos accesos ao casco histórico e a posta en valor de espazos singulares como o Parque de Raíña Sofía. Esta intervención permite seguir actualizando este parque acometidas con traballos de mellora de pavimento, iluminación ou a reposición de figuras da fonte Wallace.
E para completar o renovado parque Raíña Sofía, o executivo de Jose Manuel Rey Varela deu luz verde hoxe á licitación e inicio do proceso de contratación dos traballos de conservación de Aquaciencia, proxecto que tamén inclúe tarefas de recuperación no pavillón polideportivo de A Malata, “o buque insignia do baloncesto e o fútbol sala de Ferrol que presentan un deterioro importante por anos de falta de mantemento”, apuntou o alcalde. O presuposto de licitación destas obras ascende a 320.640,79 euros, asumindo a Deputación da Coruña o 80% do total, e o prazo de execución para a recuperación destes dous equipamentos municipais será de catro meses.











