O Fórum Metropolitano e a Fundación María José Jove acollen o Festival de Monicreques Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que o Fórum Metropolitano e a Fundación María José Jove serán as sedes do Festival de Monicreques Nadal de 2014. Do 26 ao 30 de decembro nenos a partir de 2 anos e os seus pais poderán gozar de 10 espectáculos repartidos nos dous escenarios.

Os espectáculos da Fundación María José Jove comezarán ás 17.00 horas, mentres que os do Fórum Metropolitano empezarán ás 19.00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros, coa posibilidade de adquirir un aboamento 3 familiar ao prezo de 6 euros.

PROGRAMA

Venres 26

Fundación María José Jove – Cu cu Incre Incre, Monicreques Cachirulo (a partir de 2 anos).

Fórum Metropolitano – Amor de contos, Teatro Arbolé (a partir de 3 anos). Inicialmente estaba programado o espectáculo El patito feo, pero debido á enfermidade dunha das actrices tivo que cancelarse. Todo o que adquirise entradas e non lle interese ir a Amor de contos poderá reclamar a devolución destas no mesmo punto onde as adquiriu.

Sábado 27

Fundación María José Jove – O circo de Renato Carolini, Teatro Arbolé (a partir de 2 anos).

Fórum Metropolitano – Ás fabas máxicas, Caramuxo Teatro (a partir de 4 anos).

Domingo 28

Fundación María José Jove – Martes, Baobab Teatro (a partir de 2 anos).

Fórum Metropolitano – Amadú, Danthea Teatro (a partir de 5 anos).

Luns 29

Fundación María José Jove – Carmela toda a vida, El Retablo Títeres (a partir de 6 anos).

Fórum Metropolitano – As fadas da bela durminte, Disset Teatre (a partir de 3 anos).

Domingo 30

Fundación María José Jove – O carnaval dos animais, Disset Teatre (a partir de 2 anos).

Fórum Metropolitano – Sono dunha noite de verán, El Retablo Títeres (a partir de 6 anos).

 

23 de decembro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.