O equipo feminino da Sociedade Ximnástica logra o segundo posto no Belarmino Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Disputouse en San Andrés de Comesaña, o tradicional Memorial Belarmino Alonso de campo a través, coa presenza dun nutrido grupo de atletas da Sociedade Ximnástica, dos cales a maioría deles debutaban na actual tempada.

Destacar a actuación do equipo feminino da entidade pontevedresa, que subiron ao podio a recoller o segundo premio da clasificación por equipos, grazas ao cuarto posto de Barca Toba, o 14 de Sara Márquez, o 15 de Cristina González e o 19 posto de Laura Goñi.

A nivel individual, Jorge Puig conseguiu o segundo posto da carreira sub18 masculina; Cristina González e Laura Goñi, foron segunda e terceira na categoría promesa feminina e Carolina Santos, gañou a carreira alevín feminina.

A bastantes quilómetros de distancia, Rocío Rodríguez, participou no Cros da Constitución de Alcobendas, conseguindo o undécimo posto na categoría promesa feminina.

2 de decembro de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.