O equipo de goberno de Nigrán visita o belén de Fernando e Rosa

Visita ao belén
Alberto Valverde, e concelleiros do equipo de goberno, María del Carmen Alonso-Macías e María José Pino, visitaron o Belen que Fernando e Rosa instalan na súa casa dende hai moitos anos. Todas as noites dende o mes de novembro, durante un par de horas de cada día, con mimo e cariño colocan peza a peza, que este ano, ocupa un espazo de case 30 metros cadrados do seu salón. Queremos felicitalos por manter esta tradición e darlles as grazas porque cada ano abren as portas da súa casa a todos os veciños para que o visiten.











