O equipo alevín masculino do EDC Verín gaña no Belarmino Alonso
O conxunto alevín masculino do EDC Verín acadou a vitoria na competición por equipos da XXXVI edición do cross Belarmino Alonso, organizado polo Comesaña Sporting Club de Vigo.
O Club de Atletismo de Verín trasladouse este domingo ata San Andrés de Comesaña (Vigo) para participar nunha nova edición do cross Belarmino Alonso, na que se mediron con importantes deportistas do atletismo base galego. Unha competición esixente polas características da carreira, na que o equipo alevín masculino proclamouse vencedor por equipos. Trátase do primeiro éxito por equipos a nivel autonómico acadado polo EDC Verín Atletismo, nun grupo conformado polos deportistas Denis Limia, Yeray Domínguez, Xoel Gago, Gabriel González e Anxo Losada. Por outra banda, o equipo alevín feminino, que a pasada semana acadaba a victoria no XVIII Cross Guillelme Brown, logrou o subcampionato na proba viguesa, continuando así coa súa progresión nesta tempada.
Os resultados nas clasificacións individuais foron:
1. Cadete Feminino: 1.900 metros
– Jasmín Fernández: 33ª posición.
2. Cadete Masculino: 3.460 metros >
– Fiz Losada: 2º.
– Álex Domínguez: 11º
– Guillermo Feijoo: 20º
3. Infantil Feminino: 1.324 metros >
– Adriana García: 9ª
– Antía Castro: 13ª
– Miriam Cerdeiriña: 20ª
– María Vega: 37ª
– Sofía Morillo: 39ª
.
4. Infantil Masculino: 1.900 m >
– Andrés García: 28º
5. Alevín Feminino: 1.122 m >
– Gisela Dapía: 7ª
– Nuria Mariño. 12ª
– Sara Moredo: 15ª
– Sofía Rodríguez: 17ª
– Erea López: 26ª
– Daenerys Carreño: 35ª
– Vanesa Justo: 40ª
– Iria Viana: 41ª
6.Alevín Masculino: 1.324 m >
– Anxo Losada: 2º
– Xoel Gago. 4º
– Gabriel González: 5º
– Denis Limia: 20º
– Yeray Domínguez: 21º











