O encontro do Santiago Futsal e Magna Navarra adiántase 45 minutos
O encontro da 16ª xornada de Liga que enfronta a Santiago Futsal e Magna Navarra no Multiúsos Fontes do Sar disputarase, finalmente, este domingo ás 11.45 h.
O primeiro partido de Liga do ano 2015 chega a Sar este domingo, brindando así á afección do Santiago Futsal a posibilidade de gozar do seu equipo en plenas vacacións do Nadal.
Ademais, os máis pequenos poderán gozar das actividades de Multixogo del Multiusos Fontes do Sar no vestíbulo do pavillón dende as 11 h, onde haberá inchables, camas elásticas, fútbol de mesa, etc., e que durarán ata as 14h.
No descanso do encontro sortearase unha cesta de Nadal valorada en 200 €, cortesía de Café Bar Rakel. As rifas para o sorteo poderanse comprar no acceso ao pavillón, así como durante a primeira parte do partido, e terán un prezo de 1 €.











