publicidade hoxe

O DOG publica o inicio do proceso de información pública da modificación do Couto de Parga en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o inicio do período de información pública da modificación do Couto de Parga, neste mesmo río, ao seu paso polo Concello de Guitiriz. A modificación que se expón está recollida no plan de xestión para o couto de Parga e consiste en aumentar os seus límites, xa que se trata dun tramo no que se concentra un número importante de pescadores. A Xunta considera que esta modificación é necesaria para optimizar a xestión dos recursos piscícolas da bacía do río Parga.

Este cambio, así como o plan de xestión, conta co visto e prace do Comité Provincial de Pesca de Lugo e do Comité Galego de Pesca e os pescadores das asociacións da zona tamén foron informados dos cambios en varias reunións.

A modificación que agora se somete a información pública propón establecer as seguintes condicións: o couto de Parga pasa de 4 quilómetros a 11,3 km, implica aos ríos Ladroil-Parga na conca do río Miño. As características dos distintos tramos son:

Tramo 1 xeral (Ladroil 2,3 km). Vai desde Ponte Moeiro no río Ladroil ata a xunta deste có río Parga.

– Tramo 2 xeral (Parga 2,250 km). Vai desde Ponte Roman, no río Parga ata a xunta do Ladroil co Parga.

 – Tramo 3 xeral (Parga 1,150 km). Xunta do Ladroil co Parga á presa de Parga, río Parga.

– Tramo 4 pesca sen morte (0,5 km). Coincide co tramo urbano e vai desde a presa de Parga á presa do Clube Fluvial río Parga.

– Tramo 5 xeral (Parga 5,1 km). Presa do Clube Fluvial á ponte de Santo Alberto, río Parga.

O número de permisos será de 16 por xornada, 2 de pesca sen morte e 14 de réxime xeral. A cota de captura no réxime xeral será de 8 troitas por pescador e día, cun tamaño mínimo de captura de 21 cm. Estes parámetros revisaranse aos 2/3 anos, en función da evolución das poboacións piscícolas e da súa densidade.

O inicio e fin da temporada e os día hábiles serán os marcados pola orden anual de vedas.

No futuro e como medida de protección vedarase un dos tramos de réxime xeral de xeito rotatorio.

3 de decembro de 2014 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.