publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a orde de aprobación do primeiro PXOM de Santiso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiso
A-
A+

O Diario Oficial de Galiciapublica hoxe a orde asinada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, pola que se aproba definitivamente o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiso. Este documento de planeamento garante un crecemento sustentable e ordenado durante os vindeiros 20 anos neste municipio. O PXOM foi redactado cunha axuda económica de 110.000 euros da Xunta e substituirá as normas subsidiarias de planeamento que rexen neste concello desde o ano 1985.

Cómpre destacar que o Plan Xeral de Santiso é o número 45 aprobado desde o ano 2009 e con el son xa 80 os planeamentos urbanísticos galegos adaptados á lei vixente. Dende a Xunta saliéntase que un PXOM é o documento máis importante para un municipio, xa outorga seguridade xurídica ao municipio, neste caso ao de Santiso, e planifica o seu correcto desenvolvemento.

O Plan Xeral de Santiso establece que o 90% da superficie municipal é solo rústico protexido, co que se recoñecen e garante os valores físicos e ambientais de Santiso, destacando a Zona de Especial Conservación (ZEC) Serra do Careón, ou os hábitats prioritarios concentrados nas beiras do río Ulla e do seu afluente, o Furelos.

Tamén recoñece os asentamentos no rural coa determinación de 108 núcleos rurais, todos xa existentes, ao tempo que planifica o desenvolvemento residencial do Concello e fai unha reserva de solo industrial de preto de 260.000 metros cadrados no futuro enlace da autovía Santiago-Lugo, prevendo un espazo para o desenvolvemento económico do futuro.

Con este instrumento de planificación se incrementan as previsións que marca a Lei no relativo á dotación de espazos libres e zonas verdes, que aumentan nun 31% o esixido por lei e multiplica por 3 a superficie de equipamento comunitario que impón a normativa.

No seguinte cadro indícanse os tipos de solo delimitados no planeamento de Santiso coas súas respectivas superficies.

SOLO

SUPERFICIE

%

TOTAL CONCELLO

67,45 km2

100,00 %

SOLO RÚSTICO

60,72 km2

90,02 %

PROTEXIDO

60,69 km2

89,98 %

    Forestal

19,86 km2

29,44 %

    Espazo Natural

13,47 km2

19,99 %

    Agropecuario

20,67 km2

30,64 %

    Augas

5,17 km2

7,66 %

    Infraestruturas

1,29 km2

1,91 %

    Patrimonio

0,23 km2

0,34 %

ORDINARIO

0,03 km2

0,04 %

SOLO DE NÚCLEO RURAL

3,37 km2

5,00 %

TRADICIONAL

1,44 km2

2,13 %

ÁREA DE EXPANSIÓN

1,93 km2

2,86 %

SOLO URBANIZABLE

0,29 km2

0,43 %

INDUSTRIAL

0,26 km2

0,39 %

RESIDENCIAL

0,03 km²

0,04 %

SOLO URBANO

0,29 km2

0,43 %

CONSOLIDADO

0,29 km2

0,43 %

DPH ENCORO DE PORTODEMOUROS

2,78 km²

4,12 %

9 de decembro de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.