publicidade hoxe

O DOG publica a licitación da explotación da depuradora de Ponte Paldelas e Comboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonte CaldelasPontevedraSoutomaior
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación da explotación da EDAR de Ponte Caldelas e da EDAR de Soutomaior, concretamente en Comboa. Este contrato supón unha achega de preto de 770.000 euros.

A presentación de solicitudes para facerse cargo deste contrato rematará o vindeiro día 15 de febreiro de 2015.

Con este contrato de xestión de servizo público preténdese levar a cabo o servizo de depuración de augas residuais nestes dous concellos a través da explotación conxunta de ámbalas dúas depuradoras.

Na EDAR de Ponte Caldelas o proceso de depuración consiste nun tratamento físico – químico por flotación de aire disolto. A EDAR está deseñada para unha poboación de 3.000 habitantes equivalentes, cun caudal medio de deseño de 840 m3/d, un caudal medio horario de deseño de 35 m3/h e un caudal máximo a pretratamento de 105 m3/h.

Na EDAR de Camboa (Soutomaior) o proceso depurador tamén consiste nun tratamento físico – químico por flotación de aire disolto. Neste caso, a EDAR está deseñada para unha poboación de 2.880 habitantes equivalentes. O caudal medio de deseño desta depuradora é de 720 m3/d, o caudal horario de deseño é de 30 m3/h e o caudal máximo a pretratamento de 72 m3/h.

No caso da depuradora de Soutomaior, Augas de Galicia xa está levando a cabo na actualidade a súa explotación e o seu mantemento, polo que o contrato que se licita da continuidade a esta situación. No caso de Ponte Caldelas, co presente contrato dáse efectividade aos compromisos adquiridos entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ponte Caldelas, postos de manifesto no Convenio asinado entre ambos o 6 de outubro deste ano.

O contrato ten unha duración de 24 meses e está prevista a posibilidade de prórroga.

29 de decembro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.