O DOG publica a adxudicación de novo equipamento médico para o hospital ‘Álvaro Cunqueiro’ de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este martes os anuncios de varias resolucións para a adquisición de diverso equipamento médico destinado ao futuro novo hospital de Vigo, que se poñerá en servizo a mediados do ano 2015.

Así, no DOG publícase a licitación para a adquisición do equipamento de diagnóstico de imaxe e o equipamento para ventilación e anestesía, todo cun investimento de case 4,5 millóns de euros. A estes equipamentos súmanse outros xa licitados, así como servizos, ata un investimento total que se eleva a 12,4 millóns de euros.

O voceiro municipal e presidente local do PP, José Manuel Figueroa, ten subliñado que eses avances constatan que “o novo hospital público de Vigo é unha realidade imparable”.

“Os prazos xa non teñen volta atrás”, subliñou, e recordou que están en marcha outras actuacións, como a ampliación da Avenida Clara Campoamor, de acceso ao novo hospital.

30 de decembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.