publicidade hoxe

O curso de alfabetización dixital da ‘Rede emprende en igualdade’ en Xermade entrega os diplomas ás participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXermade
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no acto de entrega dos diplomas ás 20 mulleres que participaron nun curso de alfabetización dixital que se impartiu durante cinco días na aula Cemit de Xermade, na provincia de Lugo.

A actividade enmarcase dentro do Proxecto Rede Emprende en Igualdade, que puxo en marcha este ano o departamento dirixido por Susana López Abella, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia e a Amtega, que ofreceu a súa a rede de aulas Cemit.

A Rede Emprende en Igualdade ten como finalidade mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e as redes sociais, así como a posta en marcha e modernización das actividades e capacidades empresariais e persoais, fundamentais hoxe en día para acadar unha mellora profesional.

Ás mulleres participantes nestes cursos ofréceselles formación e asesoramento en asuntos relacionados co emprego da Internet e as redes sociais; novas tecnoloxías e emprendemento; procura de emprego; as TIC como ferramentas transversais de aforro de tempo; creación de empresas e igualdade de xénero.

Durante este mes de decembro xe se ofreceron este tipo de cursos nas cidades de Padrón e Ribeira, na provincia da Coruña; Burela, en Lugo; Celanova e Xinzo de Limia, en Ourense; e Cuntis, A Estrada e Vilagarcía, na provincia de Pontevedra. O vindeiro 26 de decembro rematará o último dos cursos que se están impartindo, o de Ferrol. Todos os cursos son de 20 horas e están impartidos por profesionais do CEPEIG nas aulas Cemit de cada concello.

Eixe do Plan Galego para a Igualdade

A Rede Emprende en Igualdade inscríbese no eixe 3 do VI Plan Galego para a Igualdade entre Homes e Mulleres da Xunta de Galicia, que busca “outorgar un maior protagonismo ás actuacións que contribúan a facilitar a autonomía económica das mulleres galegas, o que leva a fomentar o seu acceso ao mercado laboral, así coma o seu desenvolvemento profesional e a posta en valor da súa iniciativa emprendedora”.

15 de decembro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.