O contacontos ‘Iopu Iei’ de Sarabela Teatro chega á Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 02 de xaneiro, de 18 a 18.45 horas, o contacontos ‘Iopu Iei’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Durante 45 minutos, os/as menores vivirán historias que lles permitirán desprazarse no tempo e no espazo, converténdose en pequenos/as exploradores do real e do fantástico. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal, na que tamén se atopan exposicións, concertos e iniciativas lúdicas para os/as nenos/as do municipio.

29 de decembro de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.