O concurso de pinchos Sabores de Ourense xa ten gañadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O concurso de pinchos “Sabores de Ourense”, edición de outono 2014 xa ten gañadores. Esta mañá, no Museo Municipal tivo lugar a entrega de premios deste certame, que se desenvolveu na cidade dende o día 15 ata o 30 de novembro, organizado pola Concellería de Turismo e a Unión de Hostaleiros de Ourense, nun acto ao que asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, as concelleiras de Turismo, Mónica Vázquez, e Medio Ambiente, Susana Bayo, e o secretario de UHO, Javier Outomuro.

O concurso, que ten como finalidade achegar e dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as distintas propostas dos establecementos hostaleiros entre visitantes e veciñanza, contou coa participación de medio cento de locais de hostalería da cidade, que presentaron cadanseus pinchos a concurso (un por local).

Os gañadores foron:

– Xurado Pincho Celíacos: O Comellón por “Capricho”

– Xurado “Come Ourense” (premio que valora o uso de materias primas frescas e de tempada, de produción integrada ou ecolóxica, ou que procedan o mercado de Abastos): Portovello por “Magosto”

– Xurado da Prensa: Tapa Negra por “Trisquel”

– Xurado Profesional:

1.º Tapa Negra por “Trisquel”

2.º La Estación de Loman por “Spanish Railway”

3.º Portovello por “Magosto”

– Xurado popular (Recoñecemento popular que outorgan os/as clientes dos establecementos participantes, emitindo o seu voto a través das papeletas de votación):

1.º La Gula por “Tempura de makis”

2.º Tapa Negra por “Trisquel”

3.º O Comellón por “Capricho”

En total, contabilizáronse case 2.200 papeletas de votos, do que se deduce que se consumiron un mínimo de 6.600 pinchos É imposible precisalo, xa que non todas as persoas que os tomaron emitiron voto)

O blog do concurso, http://saboresdeourense.turismodeourense.com/, publicará a lista de gañadores dos premios sorteados entre os/as votantes que participaron.

4 de decembro de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.