O concurso de carteis da Cabalgata de Reis bate récords con 500 orixinais presentados
O concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2015 bateu este ano a súa propia marca, ao rexistrar algo máis de 500 orixinais aportados por alumnos e alumnas, todos con idades comprendidas entre os 7 e os 11 anos, e con carácter individual se ben os colexios Arealonga, A Lomba, Anexo A Lomba, Escardia, Vilaxoán e Rubiáns actuaron como intermediarios.
O xurado reuniuse esta mañá para dilucidar cal era a mellor das propostas e, polo tanto, merecedora de ser a imaxe do cartel. Ante tal cantidade de propostas foi necesario estendelas todas polo chan da sala de conferencias do auditorio, por onde o xurado fixo un peculiar percorrido.
O gañador/a, xa decidido, darase a coñecer este sábado, ás 12,30 horas, no transcurso dun acto no pavillón feiral de Fexdega, onde dende ese día funcionará unha zona de ocio. Os promotores da feira tamén farán un agasallo ao vendedor/a do certame. Dende ese mesmo día, os 500 orixinais permanecerán expostos nas paredes do pavillón feiral.
Cos traballos participantes no concurso organizarase unha exposición.











