publicidade hoxe

O Concello do Carballiño pagaba máis do que correspondía pola subministración de enerxía eléctrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Un informe técnico solicitado polo Concello do Carballiño desvela que esta institución municipal estaba a pagar máis pola subministración de enerxía eléctrica, o que suporía unha devolución ao concello de 150.000 euros máis IVE.

O informe solicitado polo concello do Carballiño para revisar a facturación eléctrica do período 2009/2013, desvela que o concello estaba a pagar máis por este concepto, xa que o citado informe observou un erro de facturación nas subministracións, encontrandose aspectos diferenciais entre o criterio de facturación aplicado pola compañía electrica e o criterio oficial marcado polo real decreto do 2001.

Entre estes aspectos diferenciais atópanse o porcentaxe de consumo de enerxía reactiva sobre o de enerxía activa, sobre o cal se aplica o término de facturación de enerxía reactiva segundo o tipo de peaxe de acceso. Tamén se detecta a porcentaxe de activa a deducir da facturación eléctrica, e os períodos tarifados sobre os que se aplica, no caso de facturación de tarifación nocturna.

Como consecuencia do citado estudo, obtense que a compañía comercializadora da enerxía eléctrica terá que abonar ao concello a cantidade de 150.000 euros, tendendo en conta o mencionado anteriormente. Para solicitar esta devolución débese reclamar primeiro o do último ano, unha cantidade próxima aos 30.000 euros, que xa xestionou o actual grupo de goberno.

3 de decembro de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.