publicidade hoxe

O Concello de Tomiño foi seleccionado para participar noutro programa europeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), vén de converterse en parceiro no proxecto de intercambio INFO-see it for yourself (programa Erasmus +), que se vai desenvolver en Estonia en febreiro de 2015 (do 18 ao 24), xunto a grupos de Estonia, Lituania, Gales e Italia. O tema do intercambio é a información xuvenil.

 No caso de Tomiño, hai catro prazas dispoñibles para aqueles mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos. Os resultados da selección faranse públicos entre o 10 e o 12 de decembro, comunicándose por correo electrónico ás persoas seleccionadas.

Os gastos de aloxamento, manutención e actividades están cubertas e que hai 400 euros por persoa para a viaxe, se ben cada persoa ten que anticipar os gastos de transporte internacional, que logo serán aboados tras o intercambio.

A OMIX de Tomiño leva traballando no eido dos programas europeos desde 2011. Nese ano participo no programa Xuventude en Acción, cun proxecto chamado “Europas nas Fronteiras”, que foi o primeiro paso dun camiño que está sendo do máis interesante.

A partir de alí, no 2012 o Concello de Tomiño converteuse n unha organización acreditada dentro do SVE (Servizo Voluntariado Europeo), comezando a participar en intercambios de distinta duración con varios países europeos.

En setembro de 2012 comezou o proxecto de 2 voluntarias europeas dentro de SVE. Un ano despois chegaron outros 2 voluntarios, neste caso, de Rumania e Grecia. Actualmente estase a preparar unha nova acollida para presentar en febreiro de 2015. Tamén enviouse dende o Concello a 2 mozas do Baixo Miño para participar en proxectos de voluntariado da República Checa e Malta.

8 de decembro de 2014 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.