O Concello de Salvaterra incrementará a súa dotación de parques infantís nas parroquias adquirindo dous novos parques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar  o expediente de adquisición de dous novos parques infantís que se instalarán proximamente nas  parroquias do municipio, incrementando a dotación que este Concello ten polas parroquias, que a día de hoxe conta con 35 Parques, para unha poboación infantil moi importante, xa que somos uns dos Concellos do Sur de Galicia que mais está crecendo en poboación.

En cada colexio da localidade o Concello instalou Parques Infantís, cun total de 12 parques mais e o Casco Urbano conta co Parque Infantil que está na Casa de Cultura e co Parque Público A Canuda, que ten a zona de xogos mais grande de toda Galicia, e onde todos os cativos poden encontrar unha grande variedade de xogos, dende columpios, balancíns, tobogáns ….., así como mesas de pimpón, xadrez, parchís, o xogo da rá, chave,  petanca, xoaniña, etc.

En total 49 Parques Infantís en todo o Concello, con unha poboación próxima a 10.000 habitantes, Salvaterra de Miño é un Concello que  aposta polo esparexemento e o lecer dos mais pequenos.

2 de decembro de 2014 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.