publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas adxudica a obra da Edar de Buchabad a Construcciones y Proyectos Abilleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas adxudicou a pasada semana a obra de construción da EDAR de Buchabad á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira. A construción desta depuradora suporá un investimento de 75.752 euros.

A empresa adxudicataria presentou unhas melloras para realizar nesta oba, como o muro perimetral en pedra, así como a limpeza e revisión de toda a rede de colectores xa instalada para comprobar o seu correcto funcionamento. Para esta actuación presentaron oferta 5 empresas.

Esta obra foi incluída polo alcalde no Plan de Obras aprobado pola Deputación para os concellos o pasado verán.

Hai que lembrar que para a licitación desta obra foi necesario previamente expropiar unha parcela de 1.000 metros cadrados, por ser a zona que mellor se adaptaba para a instalación da EDAR, tanto polas súas características como pola súa localización e accesos de acordo con todos os estudos técnicos realizados polo Concello e por Augas de Galicia. Outras parcelas propostas na zona tiñan varios problemas para albergar a depuradora, posto que se trataba de zonas moito máis húmidas e que carecían de acceso suficiente para camións, necesario tanto para a súa construción como para o seu mantemento.

O procedemento expropiatorio concluíu no verán e posteriormente o Concello aprobou o proxecto e procedeu á súa licitación para a contratación da obra.

O alcalde de Ponte Caldelas prevé que a obra poida finalizarse na primavera co que antes do verán o núcleo de Buchabad poderá contar xa co servizo a rede de sumidoiros.

Entre os anos 2008 e 2010 o Concello de Ponte Caldelas leva xa investidos na construción da rede de sumidoiros de Buchabad uns 250.000 euros. A pesar de ter completadas estas obras, para a posta en funcionamento do servizo, faltaba a construción da EDAR na zona elixida polo proxecto técnico, que se viu atrasado pola falta de acordo coa propietaria dos terreos, a pesar dos intentos realizados pola directiva da Comunidade Veciñal coa propietaria. Agora con esta expropiación dáse por emendado o problema.

No núcleo rural de Buchabad están instalados os colectores para o saneamento de fecais desde o 2010, actualmente sen uso, pois para a súa posta en funcionamento era necesaria a construción e posta en servizo da EDAR. O investimento total en todo o saneamento de Buchabad superará os 310.000 euros.

9 de decembro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.