publicidade hoxe

O Concello de Neda crea unha nova zona verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda está a acondicionar na actualidade unha zona ubicada na Avenida de Alxeciras, na principal entrada á real vila dende Fene. Na parte traseira da marquesiña emprázase un pequeno terreo que requería, ata a data, de labores de mantenemento constante, ao quedar invadido habitualmente de maleza.

Agora, o Concello quere erradicar esa situación, poñendo en valor este espazo pero cun desembolso económico mínimo. Para iso, esta mesma semana se iniciaban os traballos. Tres operarias contratadas pola Concello grazas a diferentes subvencións xestionadas con outras administracións encárganse das tarefas, que prevén concluír ao longo da próxima semana. Acondicionarán o terreo e procederán á colocación dunha malla antiherbas. A continuación, ubicarán unha segunda malla con prantas tapizantes e, para rematar, emprazaráse un exemplar de olivo que, a partir de entón, presidirá a zona.

Doutra banda, o Concello quere matizar tamén que o acivro ubicado neste espazo trasladaráse a outro emprazamento máis idóneo. Na actualidade, atópase a pé de beirarrúa, onde medrou de forma espontánea. A súa ubicación está a provocar que as súas raíces crezan baixo os bordillos e, por conseguinte, dificulten o tránsito peatonal. Por isto, e dado seu importante valor botánico, o Concello transplantaráo a outra área máis acorde.

1 de decembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.