O Concello de Monforte entrega 33 compostadores domésticos entre habitantes da zona urbana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+
Entrega dos compostadores

Entrega dos compostadores

A concellería de Medio Ambiente do concello de Monforte continúa desenvolvendo o proxecto de compostaxe doméstica, para o cal entregou hoxe 33 compostadores a outras tantas persoas da cidade.

O Concello dá así continuidade á distribución gratuíta de compostadores domésticos iniciada en decembro do ano 2013 coa colaboración de Sogama, campaña na que xa leva entregados un total de 117 compostadores, incluíndo os 33 de hoxe.

A entrega destes compostadores fíxoseeste mediodíano salón de plenos da casa consistorial. As persoas que accederon ó programa de compostaxe asistiron a unha charla na que se lles explicou que tipo de restos e materiais se poden depositar nos compostadores, recibindo unhas pautas básicas sobre o proceso a seguir para compostar correctamente. Tamén asistiron á proxección dun vídeo no que se mostraban os pasos a seguir para facer unha correcta compostaxe, e recibiron dípticos e trípticos sobre este proceso.

Os/as participantes neste programa disporán dun servizo de asesoría permanente para resolver as posibles dúbidas que xurdan.

3 de decembro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.