O Concello de Monforte acomete melloras na Praza de Abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+
Remodelación da praza

Remodelación da praza

A concellería de Promoción Económica executou os traballos recollidos no proxecto “Mellora do interior e exterior da Praza de Abastos de Monforte”.

Estas actuacións ascenderon a 8.174 euros, dos cales 5.894 corresponden a unha subvención das consellerias de Economía e Facenda e 2.147 representan a achega do Concello.

Os traballos leváronse a cabo tanto no espazo dos/das praceiros/as como no espazo onde se realizan os mercados temáticos. As empresas que interviron neste proxecto son todas de Monforte, agás nun caso no que non había na cidade quen prestase ese servizo.

As intervencións realizadas resúmense no seguinte cadro:

CONCEPTO

IMPORTE

PINTAR SALA MERCADOS TEMATICOS E VERNIZADO EXTERIOR

2.000,00

MÉNTORING COMERCIAL PRAZA DE ABASTOS, xornadas praceiros

1.800,00

CARTEIS FOTOGRAFICOS colocados nos postos

   700,00

MACETEIROS

   508,20

TOLDOS EXTERIORES

3.166,57

Estas actuacións acolléronse ó estipulado na ORDE do 12 de marzo de 2014 pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ós concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario. Os traballos están cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

5 de decembro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.