O Concello de Lugo transmite o seu pesar polo falecemento de Manuel Méndez López
O Alcalde, José López Orozco, no nome da Corporación municipal, expresa o seu pesar polo inesperado falecemento, hoxe, do exConcelleiro de Lugo Manuel Méndez López.
Manuel Méndez foi membro da Corporación municipal de Lugo durante dous mandatos, entre os anos 1991 e 1999, e a súa filla Sonia Méndez García forma parte da actual Corporación, na que ocupa o cargo de 2ª Tenente de Alcalde e responsable da Área de Economía.
O Alcalde comparte o sentimento de tristeza que embarga a toda a súa familia e amigos e quere transmitirlles o agarimo da cidade de Lugo neste doloroso momento.
Para o Alcalde, coa desaparición de Manuel Méndez López deixanos unha persoa que traballou sempre polo ben da cidade de Lugo, dando mostras en todo momento da súa bonhomía e do seu talante conciliador.











