O Concello de Ferrol impulsa axudas por 140.000 euros para a promoción e dinamización do comercio e da hostalería
O concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, informou esta mañá sobre o programa de axudas a entidades para a promoción e dinamización do comercio e da hostalería da cidade para o vindiro ano 2015. As bases das tres liñas de achegas, que se aprobarán no vindeiro Pleno, contemplan novamente a realización de actividade por parte do colectivo de comerciantes e hostaleiros. O edil ferrolán explicou que “se pretende conseguir que ao longo de todo o ano se realicen actividades focalizadas nos fines de semana co obxectivo de que xente acuda á cidade para que gocen do comercio e a hostalería da cidade”.
O importe desta primeira liña de achegas ascende a 70.000 euros, o que supón un incremento de case o 30% con respecto á anterior convocatoria que era de 50.000 euros. Como novidade, se subvencionarán as actividades comerciais e hostaleiras que ademais supoñan dinamización de espazos públicos ata 500 euros. “Pretendese que todos os fines de semana do ano se realicen actividade”, engadiu o edil Alejandro Langtry. Así mesmo, esta convocatoria busca potenciar a colaboración entre entidades comerciais e hostaleiros coa posibilidade de presentar de maneira conxunta unha programación de actividades anual. A segunda liña de axudas está orientada á ambientación comercial de Nadal que permite a colaboración entre o Concello de Ferrol e as entidades para a iluminación de Nadal. A Concellería de Economía e Facenda destinará o vindeiro exercicio outros 50.000 euros a esta proposta que pretende axilizar, mellorar e coordinar o alumeado nas datas de Nadal coas entidades.
E por último, a terceira liña de achegas para a dinamización do comercio e da hostalería céntrase na promoción, e a esta liña a Administración ferrolá destinará 20.000 euros para cofinanciar bolsas comerciais, bolsas especiais para os mercados municipais e vasos térmicos, no caso da hostalería. Segundo explicou o edil Alejandro Langtry, os deseños dos vasos e as bolsas dos mercados terán imaxes xenéricas da cidade, mentres que as bolsas comerciais disporán de catro deseños diferentes nos que se difundarán as catro rutas de “Descubre Ferrol”: Ilustración, Modernista, Praias e Castelos e Miradoiros. A Administración local financiará o 25% do custe total da elaboración das bolsas para mercados e comercio e os vasos para os establecementos hostaleiros.
Subvencións para comerciantes e hostaleiros do plan Urban
Por outra banda, o concelleiro responsable das políticas económicas do Concello de Ferrol facilitou os datos resultantes da convocatoria de subvencións destinadas a comerciantes e hostaleiros situados nos barrios de A Magdalena, Canido e Ferrol Vello, incluído os operadores do mercado da Magdalena, durante o ano 2014. O edil Alejandro Langtry destacou que a evolución destas achegas financiadas con fondos europeos do programa Urban “é moi positiva”, ao tempo que sinalou que foron cursadas 24 solicitudes ao longo do pasado ano.
Un total de 20 solicitudes foron as concedidas durante o ano 2014, das cales 17 son actividades no barrio de A Magdalena, 2 en Canido e 1 en Ferrol Vello. En canto ás tres liñas de achegas, 6 foron concedidas para a creación de novos negocios, 12 para a mellora de establecementos existentes e dúas para a adquisición de mobiliario de terraza. O importe total da convocatorio foi de 75.152,06 euros.











