O Concello de Ferrol atende a máis de 450 persoas con dependencia
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, ofreceu hoxe os datos actualizados do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nas dúas modalidades: en libre concorrencia e en recoñecemento de dependencia. A día de hoxe en Ferrol rexístrase un total de 454 persoas con diferentes niveis de dependencia recoñecidos pola administración autonómica ou local, cifra que supera xa o número de adscritos a este servizo durante todo o pasado exercicio de 2013 -en que se atenderon a 442 persoas- e que até finais da presente anualidade podería aumentar.
En canto aos datos actuais facilitados pola Área de Benestar Social, un total de 337 persoas son hoxe en día beneficiarias desta prestación na modalidade de recoñecemento de dependencia -cofinanciada pola Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e os propios beneficiarios en función dos seus infgresos-. A esta cantidade ai que engadir outras 147 persoas beneficiarias destas achegas pola modalidade de libre concorrencia, é dicir, persoas que non teñen recoñecida ou demandada a dependencia por parte da Xunta de Galicia pero que a través dun informe das traballadoras sociais municipais e cun ditame favorable da comisión de valoración técnica o Concello de Ferrol se encarga de prestar este servizo.
Os datos antes expostos poñen de manifesto que Ferrol segue a a esta situado entre os concellos de Galicia que máis horas de atención dedica ao Servizo de Axuda no Fogar, destinado a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia ou polos traballadores sociais da administración local. A responsable das políticas e programas sociais do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, aproveitou o balance desta prestación para facer fincapé no esforzo inversor do actual executivo local na área social, que en 2015 contará cun orzamento total de 6,3 millóns de euros. Asím para a atención ás persoas maiores, nos diferentes programas e iniciativas en marcha –Axuda á Dependencia, Comedores Sénior, Plan de Envellecemento Activo e Hábitos de Vida Saudable- Benestar ten reservadas varias partidas económicas que chegan aos 2,5 millón de euros.











