O Concello de Fene reforza a seguridade de peatóns coa instalación de barandillas na rúa Hortelá e San Salvador
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá das obras de mellora da seguridade para o tránsito peatonal que se están a levar a cabo na rúa Hortelá e, ao remate destas, as previstas na vía San Salvador. No primeiro caso, os operarios municipais traballan na instalación duns noventa metros de barandilla de ferro para salvagardar o desnivel entre a beirarrúa e a finca colindante. Uns traballos que se iniciaban a pasada semana e que se prevé concluír, se o tempo o permite, ao longo da primeira quincena do presente mes.
Unha vez rematen, Gumersindo Galego avanzou que estas tarefas continuarán na rúa San Salvador. Así, daráse continuidade á intervención realizada hai uns meses, cando se colocaba tamén una barandilla de aceiro inoxidable duns 40 metros para, neste caso, salvar a altura entre a beirarrúa e a pista da festa. Agora, continuaráse esta actuación. Neste caso, restituiráse un tramo duns 15 metros de barandilla contiguos ao anterior, que é preciso sustituír por unha infraestructura nova debido ao seu deterioro. Infraestructura que constrúen na actualidade os operarios na Escola Taller de Fene.
Sen abandonar a zona, na rúa Alta, colindante coa San Salvador, os operarios municipais da Concellería de Servizos procedían recentemente á limpeza de pluviais e a traballos de rebacheo na área próxima ao colexio público Centieiras. Actuación que responde a unha demanda veciñal.











