O Concello de Fene organiza este venres unha sesión de zumba kids
O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura e Deportes, organiza este venres unha sesión de zumba kids. Será na praza do Concello, baixo carpa para evitar que o mal tempo inflúa no transcurso da actividade, que comezará ás seis da tarde e se prolongará por espazo de dúas horas.
Organizada pola Concellería de Cultura e Deportes, está destinada a nenos e adultos para realizar unha sesión na que poida participar toda a familia. A entrada é libre e gratuíta e a edil de área, Rocío Bértoa, anima a fenesas e feneses a disfrutar desta proposta, que forma parte da programación municipal de Nadal.











