publicidade hoxe

O Concello de Fene invita ao público a disfrutar do humor de Manuel Manquiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFene
A-
A+

O coñecido actor Manuel Manquiña actuará este xoves, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Fene no marco do ciclo de monólogos “As risas son boas”, que organiza a Concellería de Cultura con motivo do XXX Aniversario do Museo do Humor. Nesta liña, cabe recordar que a función estaba inicialmente prevista para novembro pero que, por enfermidade do protagonista, tívose que aprazar. Finalmente, Manquiña ofrecerá o seu espectáculo “Qué hacer con la gente molesta?” este xoves. Nel, responderá a algunhas cuestión como “Qué facemos coa xente molesta que come no cine e non nos deixa desfrutar da película?; por que os guionistas de cine poñen trapelas nos teitos dos ascensores; por qué apagamos as luces dos grandes monumentos unha vez ao ano e dicimos que é o día do planeta?”.

“Qué hacer con la gente molesta?” propón unha crítica e unha crónica do social, falando dende o punto de vista dunha persoa adulta das molestias que xeneran algúns comportamentos cidadáns “que poden estar reflexados nas conductas dos tertuliáns, no maniqueísmo dos partidos políticos, en como se repiten determinados tics ou en como seguimos caendo periodicamente nos mesmos erros”.

As persoas que queiran asistir ao espectáculo poderán recoller as invitacións (dúas por persoa) o mesmo xoves a partir das catro do serán na Casa da Cultura de Fene.

9 de decembro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.