O Concello de Fene deseña para nenos e maiores unha ampla oferta de ocio para o Nadal
O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes e Cultura, organiza nestas festas de Nadal unha morea de actividades para nenos e maiores. Así, bodypainting e maquillaxe de cine, deportes de raqueta, patinaxe ou xogos acuáticos en familia son os obradoiros da oferta deseñada. Segundo explicou a concelleira de área, Rocío Bértoa, o obxectivo é ofrecer un programa variado de ocio que satifaga os gustos de pequenos e maiores e, no caso dos primeiros, no que prime o carácter didáctico. Así mesmo, a edil avanzou a posta en marcha dunha Ludoteca de Nadal para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias fenesas neste periodo de vacacións escolares. Os interesados en sumarse á oferta do Concello deben formalizar a súa inscripción os días 18 e 19 de decembro no pavillón polideportivo da Xunqueira. O xoves, en horario de 9 a 13,30 e de 16,30 a 19 horas e o venres de 9 a 13 horas.
No obradoiro de Bodypainting e maquillaxe artístico, rapaces e rapazas poderán aprender as técnicas de maquillaxe profesionais, propias do cine: coberturas de fantasía, efectos especiais na pel xogando con texturas, engadidos… En patinaxe para nenos e adultos, crearánse tres grupos de aprendizaxe que se distribuirán segundo os niveis de cada participante e idade, dende iniciación ata técnicas avanzadas. É preciso achegar os patíns, casco e proteccións. En canto aos deportes de raqueta, van dirixidos a nenos e nenas de catro anos adiante e, como no caso anterior, faránse grupos por niveis e idades. Así mesmo, en xogos acuáticos en familia, o Concello ofrece a nenos e nenas a posibilidade de asistir á piscina para realizar actividades lúdicas co material propio da instalación acompañados por un ou máis adultos. No caso de irmáns, poderán estar acompañados por un so adulto. Para a actividade, o Concello reservará tres rúas da piscina de 11.15 a 13.30 horas. Neste caso, a cota de inscrición será só a entrada do adulto acompañante: 3,25 euros/entrada. E, no caso de dispoñer de bono deporte, este poderá ser utilizado do mesmo xeito que unha entrada normal. Así mesmo, non é preciso realizar inscrición previa, abonda con asistir e participar, aínda que os usuarios poden facer reserva da rúa co fin de garantir que haxa espazo.
Por último, Rocío Bértoa apuntou que a ludoteca de Nadal está dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos e contará con actividades deportivas e creativas: xinkanas, xogos, manualidades, cociña creativa, cantabaila, arte…
Todas as actividades celebraránse os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario de mañá, e con precios que oscilan –agás os xogos acuáticos- entre os 6,5 e os 12,5 euros. Igualmente, en todas as accións as prazas están limitadas e desenvolveránse no pavillón da Xunqueira (excepto os xogos acuáticos, que terán lugar na piscina municipal de Centieiras).
Obradoiro de Risoterapia solidario. A concelleira Rocío Bértoa tamén informou esta mañá de que o Concello abrirá este venres o prazo para anotarse no obradoiro de Risoterapia “Achégate á Risa”. Celebraráse o 29 de decembro no CMI Unidade de Fene de 18 a 21 horas para maiores de 14 anos.
Neste caso, a participación non custa cartos senón solidariedade, xa que os asistentes deberán entregar algún producto alimenticio non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimento de Ferrolterra. Será preciso reunir un mínimo de dez participantes e o aforo está limitado a vinte. Ademáis do venres 19 de decembro, a inscripción poderá formalizarse os días 22 e 23, pero en horario de 8,30 a 14 horas. Con el, daráse a coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.











