publicidade hoxe

O Concello de Fene adquire un vehículo para tarefas de vixianza medioambiental e obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Novo vehículo do Concello de Fene

Novo vehículo do Concello de Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, recepcionou esta mesma mañá un novo vehículo con destino ao parque móbil do Concello. Máis concretamente, dende xa comenzarán a utilizalo os operarios do departamento municipal de Medio Ambiente e de Obras. Financiado con fondos propios municipais por valor duns 16.000 euros, cubrirá as necesidades destes traballadores que, ata a data, víanse obrigados a recurrir a vehículos da Policía Local ou da Agrupación Local de Protección Civil.

Así as cousas, Gumersindo Galego explicou que o vehículo destinaráse fundamentalmente a tarefas de control medioambiental como a detección de vertedoiros incontrolados no termo municipal ou a supervisión dos traballos de tala, depósito e transporte dos maderistas, así como a outras actividades máis vinculadas a obras como a revisión das pistas municipais para a detección de posibles deficiencias a subsanar polo Concello.

29 de decembro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.