publicidade hoxe

O Concello de Fene abre o prazo de inscripción para participar na Campaña de Esquí da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Os nenos e nenas interesados en participar na Campaña de Esquí 2015 que organiza a Deputación provincial da Coruña en colaboración cos concellos poden formalizar xa a súa preinscripción nas dependencias municipais da Concellería de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán). O prazo conclúe o día 19 de decembro. Nesta liña, sinalar que o Concello dispón de sete prazas, polo que se se rexistran máis solicitudes realizaráse un sorteo público no salón de plenos da casa consistorial e coa presenza da secretaria.

Os beneficiarios poderán disfrutar dunha fin de semana cun paquete completo de actividades, cursiños de esquí, aloxamento e manutención no complexo de Manzaneda. A entrada dos rapaces na estación será o venres 30 de xaneiro pola noite antes da cea e a saída, o domingo 1 de febreiro, a media tarde.

A iniciativa está destinada a rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005. Así mesmo, a Deputación responsabilizaráse do transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias. Por contra, cada participante terá que pagar unha cota de inscripción de 60 euros.

2 de decembro de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.