publicidade hoxe

O Concello de Castrelo de Miño conxela todas as taxas municipais para o ano 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal Portada
A-
A+

Os veciños de Castrelo de Miño verán como os seus recibos das taxas municipais non se incrementarán durante o ano 2015, ou incluso nalgún caso como o do IBI se rebaixa. O IBI sufriu dúas subidas naqueles concellos onde como en Castrelo de Miño mantiñamos o tipo mínimo do 0,4. Así en 2012 subiu ao 0,5 e en 2013 ao 0,6. Subida que prorrogou o Estado para 2014.  Se o goberno central non mantén a prórroga, en Castrelo de Miño o IBI baixará de novo ao mínimo do 0,4

O pleno da localidade reunido no día de hoxe, cos votos a favor do equipo do goberno do BNG, e a abstención dos representantes do PP e do PSOE, aprobou a proposta presentada polo alcalde nacionalista do concello Xurxo Rodriguez Mendez, para conxelar as ordenanzas para o vindeiro exercizo 2015, polo que tampouco se aplicará a subida do IPC a ningunha delas. Además no pleno, o alcalde lembrou que desde a chegada ao goberno do BNG no ano 2007, non se aplicou ningún ano a subida do IPC, o que xa supón de por si, un aforro acumulado do 15% en todas as taxas municipais.

Salientou o alcalde, que “o concello realiza un gran esforzo para conxelar as taxas, porque en Castrelo de Miño non reducimos nin un só servizo e cada vez estamos a asumir máis competencias”. Como detallou pormenorizadamente no Pleno “o Goberno do Estado realizou máis de 30 subidas de impostos desde a chegada de Mariano Rajoy, igual que o Goberno Autonómico de Nuñez Feijóo, con máis de 18 subidas de impostos ou eliminación de servizos que recaeron nestes últimos dous anos sobre todos os galegos.

Con esta medida o goberno municipal nacionalista de Castrelo de Miño, tenta darlle un respiro de cargas impositivas para este vindeiro ano 2015 aos veciños e veciñas de Castrelo de Miño, asumindo con fondos propios municipais o incremento do IPC, ou a posible súbida (como en 2014 do 34%) do canon de SOGAMA na recollida do lixo, entre outros.”

Ademáis o alcalde engadiu, que “as ordenanzas conxélanse para os veciños, pero plantámoslle cara ás grandes empresas que se aproveitan do noso territorio para as súas actividades aplicándolles a estas os tipos máximos que permite a lei. Nestes intres estamos ao lado da xente que máis o necesita, e non ao lado das grandes empresas ou corporacións como fan os gobernos do Partido Popular en Galicia e Madrid”.

1 de decembro de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.