publicidade hoxe

O Concello de Brión estrea o seu dominio .gal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión, sempre comprometido coa lengua galega e coas novas tecnoloxías, ofrece aos cidadáns un novo xeito de acceder ao seu portal web institucional. Trátase do novo enderezo www.concellodebrion.gal, que se une ao xa existente www.concellodebrion.org.

Deste xeito, Brión é un dos municipios galegos pioneiros en adoptar o dominio.gal, una iniciativa a prol da nosa lingua e cultura na cada vez máis globalizada sociedade da información. Unha marca de Galicia para Internet que identifica os contidos que xera o Concello de Brión na Rede e que teñen un forte vencello coa nosa terra. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña.

Este novo dominio xa se atopa en funcionamento, polo que os cidadáns xa poden empregalo para acceder ao contido web que o concello ofrece na súa páxina principal. Ademais, o Concello de Brión tamén conta cos servizos que prestan as páxinas www.infobrion.com (unha web creada canda a Universidade de Santiago de Compostela para recoller información sobre a veciñanza brionesa) e www.briondixital.org (unha plataforma para os cursos educativos on-line).

29 de decembro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.