O concello da Laracha acomete a poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco

Poda de árbores
A empresa concesionaria do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes iniciou, a instancias do Concello da Laracha, os traballos referidos á poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco, incluíndo o triturado das polas e o transporte e a recollida das follas.
Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estas mesmas labores realizaranse en varios puntos da capital municipal, como as prazas do Concello, Maximino Canedo e O Recreo.
Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética en zonas urbanas protexéndose aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilitará a o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.
As actuacións municipais que se están realizando compleméntanse cos traballos que desenvolveu a Deputación Provincial da Coruña na larachesa Avenida de Caión e que en próximas datas terán continuidade na contigua Avenida Doutor López Astray.











