O comercio de Redondela estrea a campaña navideña cun “Black Friday” especial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Este venres 5 de decembro marcará o inicio da campaña cun “BlackFriday” especial no que os comercios ofreceran descontos dende o 20% durante toda a xornada e incluso se ampliará o horario ata as dez da noite. A decoración dos establecementos está xa preparada para servir de reclamo e identificación dos mais de 50 comercios que se adheriron a esta campaña. Dende primeira hora da tarde as rúas de Redondela estrearán a iluminación de Nadal.

Mais de 3.000€ en premios directos polas compras realizadas dende o 8 de decembro ata o 6 de xaneiro están escondidos nos Rascas de Nadal. Esta campaña destaca pola súa sinxeleza e inmediatez, os premios son directos. Os rasca teñen agochados dous tipos de premios: uns que se poden trocar en calquera establecemento que participa na campaña, mais de 90 comercios, e outros, que se poden trocar so no comercio onde nos tocou o premio. Os importes dos premios poden chegar ata os 50€ por rasca.

Este Nadal contará tamén cun completo programa de ocio para os mais pequenos. A tradicional Carpa de Nadal que se situará diante da Casa da Torre entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro tamén estará na Alameda de Chapela entre os días 22 e 30 de decembro. Tamén haberá dúas zonas de atracción infantís nas Alamedas de Chapela e Redondela con descontos do 50% nas entradas que se poderán conseguir nos establecementos asociados. Alboradas polas rúas, a Coca Simona e a tradicional cabalgata de Reis completan o programa de animación para este Nadal en Redondela.

4 de decembro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.